EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses, protagonistas do showcooking de Flavio Morganti

O chef preparaba tres pratos distintos ante o público que logo se servían maridados con godello e mencía

“Teñen personalidade e transmiten territorio”. Deste xeito se refería o chef Flavio Morganti aos viños da Denominación de Orixe Valdeorras durante no showcooking que desenvolvía na tarde do 15 de xullo no recinto da Feira do Viño desta comarca ourensá.

Nesta demostración de cociña, que contaba cunha numerosa asistencia, preparaba ata tres pratos distintos nos que “a base da cociña son os viños”, pero tamén outros produtos propios desta zona como as castañas ou a augardente de herbas. Así, coa axuda do seu fillo, elaboraba primeiramente unha crema fina de godello con finas herbas e tartare de verán, seguida por troita do Sil con risotto e redución de mencía e, como sobremesa, unhas castañas confitadas ao oruxo de herbas.

Cada unha destas deliciosas propostas culinarias servíanse para que fosen degustadas polos presentes acompañadas por godello e mencía da D.O. Valdeorras. A demostración concluía cun aplauso ao chef.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button