ConcellosÚltima horaVilamartín

“Os Viticultores” de Vilamartín anulan a IV Festa das Sopas de Allo e o Desfile de Folións

O Folión Os Viticultores no desfile do ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Está claro que o deste ano non será un Entroido como o que se viña celebrando ata agora. O espírito e a tradición seguirá latexando en cada persoa, en cada protagonista… pero non haberá unha celebración oficial, multitudinaria e na rúa.

De feito, poco a pouco vanse cancelando citas que cada ano reunían a centos de persoas. Hai uns días facíao a IV Festa das Sopas de Allo e o Desfile de Folións e outros Entroidos organizado polo Folión Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras. A través das redes sociais, explican que este ano a cita debería ser o 6 de febreiro pero “como era de esperar por mor do covid está anulada pola saúde de todos nós”.

Con moita pena por non poder celebrar o encontro, dende o colectivo esperan que “o virus nos deixe xuntarnos en breve tanto aos folións como toda a xentiña que nos acompaña cada ano”.

 

Artigos relacionados

Back to top button