EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Os viticultures de Valdeorras afectados pola xeada, asisten a unha charla sobre como recuperar as cepas

A conferencias foi impartida na Rúa polo especialista na materia, Francisco Rego

A xeada que caía na madrugada do 27 de abril devastaba a meirande parte do viñedo das denominacións de orixe de Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra e Ribeiro. No caso de Valdeorras a zona máis afectada foi a dos concellos de Vilamartín, A Rúa e Larouco cun elevado número de viticultores que perderon boa parte da colleita deste ano.

A maioría dos afectados, se non todos, asistían na tarde do 5 de maio a unha charla impartida polo especialista Francisco Rego, técnico xubilado da EVEGA, no Centro Cultural Avenida da Rúa.

A iniciativa partía do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras que aprobaba no seu último pleno, fomentar unha serie de accións formativas con expertos para que trasladen aos interesados coñecementos precisos sobre como proceder para traballar o terreo tras a xeada e que se minimice, deste xeito, o seu impacto negativo sobre as vides. O presidente do Consello, Francisco García foi o encargado de presentar o ponente a todos os asistentes.

Malia ser unha desfeita a nivel económico, Rego asegurou que se a xeada vén cedo “realizando os traballos necesarios penso que as cepas poden recuperarse de cara ao ano que vén. No caso da pedra, por exemplo no mes de xuño, a recuperación da cepa xa sería moito máis difícil” .

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button