En portadaÚltima hora

Os voluntarios de Protección Civil da provincia teñen realizado 38.804 operativos na crise do Covid

Este traballo, realizado por 540 voluntarios de 69 das 73 agrupacións ourensás, consiste en operativos de labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores e reparto de alimentos e medicamento

Un dos operativos de Protección Civil do Barco durante a emerxencia sanitaria do Covid-19./ Foto cedida.

 

No decurso da emerxencia sanitaria do coronavirus o papel dos voluntarios de Protección Civil ten sido clave, especialmente, nunha provincia cun gran peso do rural como é Ourense. Mobilizáronse máis de 540 voluntarios de 69 das 73 AVPC (Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil) ourensás e o persoal de oito dos nove GES (Grupos de Emerxencia Supramunicial)/SMPC que existen na provincia de Ourense que están realizando labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores, reparto de alimentos, etc.

Entre o total de operativos efectuados polas AVPCs ata o día de hoxe, cifrado en 38.804 labores, sobresen os relacionados con asuntos sociais, concretamente os 9.811 repartos de alimentos e medicamentos en 70 concellos, así como os 9.828 de visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado.

Estes datos dábanse a coñecer durante unha reunión que a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantiña esta mañá por videoconferencia con responsables de oito agrupacións da provincia, na que tamén participaron o xefe territorial da Vicepresidencia, Manuel Pardo, e o xefe de servizo de Emerxencias, Olivier Reboredo. Na xuntanza telemática estiveron representadas as AVPC de Manzaneda, O Pereiro de Aguiar, Cortegada, Ribadavia, Maceda, Sarreaus, San Cristovo de Cea e Verín.

 

Operativo de Protección Civil de A Rúa para o reparto de alimentos./ Foto cedida.

 

 

No decurso deste encontro tamén se puxo en valor o labor de desinfección que estas agrupacións, en coordinación coas brigadas de Medio Rural, bombeiros do CIS e os bombeiros do parque municipais de Ourense, desenvolvían en 118 centros sociais. Os menos numerosos son os de información a persoas sen teito, os de aviso a poboación por megafonía ou os de apoio loxístico a medios de intervención.

No caso de GES/SMPC, nos que participaron todos os existentes na provincia agás o do Barco de Valdeorras, destacan os operativos de desinfección en lugares de pública concurrencia que acadaron a cifra de 2.318.

 

Un dos momentos da videoconferencia.

 

 

Segundo recalcou Marisol Díaz, estas agrupacións constitúen un referente na nosa sociedade, xa que o seu traballo merece un continuo recoñecemento por parte dos cidadáns. Ademais agradeceulles o seu labor “calado e desinteresado que os converten nun piar indispensable da sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button