ConcellosÚltima hora

Os voluntarios de Protección Civil da Rúa seguen felicitando aniversarios

 

Malia que a poboación comeza a saír da casa (con restricións) tralas medidas aprobadas polo Goberno, seguimos en estado de alarma e a veciñanza de Valdeorras confinada. Por iso dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa, continúan felicitando aos veciños que nestes período de emerxencia sanitaria cumpren anos.

Na tarde deste domingo 3 de maio, Día da Nai, tocoulle a Gene, unha veciña da rúa San Antón á que lle entregaban un ramo de flores ademais de cantarlle o Cumpreanos feliz.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button