EconomíaEconomíaÚltima hora

Os xeados artesáns da empresa ourensá La Central Heladera, certificados por Galicia Calidade

Coa incorporación desta compañía, o selo de certificación Galicia Calidade suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 115 empresas galegas

De mans da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e do xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a empresa ourensá La Central Heladera recibía nesta mañá de martes 30 de xullo este distintito de garantía. Coa incorporación desta compañía ourensá, o selo de certificación Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 115 empresas galegas.

La Central Heladera é unha empresa especializada na elaboración de xeado artesán 100% galego. Creada no ano 2015, naceu coa vocación de converterse nunha alternativa máis saudable aos xeados máis industriais. Con este recoñecemento, a empresa ourensá contará co selo de garantía para os seus sorbetes de froitas e xeados artesanais de crema, elaborados mediante unha formulación propia.

Os xeados de La Central Heladera elabóranse a partir de produtos autóctonos de calidade, con materia prima de proximidade e elaborados de forma artesanal, o que permite manter as súas propiedades e conservar o seu sorprendente sabor. Son comercializados a través de diferentes formatos, xa que a empresa conta con puntos de venta propios na provincia de Ourense e Pontevedra e con BOX móbiles distribuídos pola xeografía galega. O xeado de La Central Heladera tamén se pode atopar en puntos de restauración a nivel nacional, con presenza en Barcelona, Sevilla e Madrid.

A directora xeral de Comercio e Consumo agradeceu a aposta de La Central Heladera pola calidade e os produtos galegos para a elaboración dos seus xeados. Pola súa banda, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, mostrou a súa satisfacción pola incorporación dun produto tan ligado á tradición e que se mantén en constante innovación en sabores e produtos empregados como son os xeados artesanais. Deste xeito, destacou “incorporamos a Galicia Calidade un novo produto que integra calidade, orixe, tradición e innovación”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close