CulturaCulturaEducaciónEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Os Xogos centran os disfraces de Entroido no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

Na xornada do 21 de febreiro celebrábase o tradicional desfile no patio do centro escolar

 

Inmersos na importante tarefa de modificar os espazos e as actividades de lecer que se desenvolven no patio ás horas de recreo, a dos Xogos foi a temática escollida este ano para os disfraces do tradicional Desfile de Entroido que o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa celebraba hoxe, 21 de febreiro, no patio do colexio.

Os cativos de 3 anos ían de vagóns de tren tuneados cos seus debuxos favoritos (Spiderman, Hulk, Peppa Pig,…). Os de 4 anos eran unhas coloridas pezas de LEGO. Os de 5 anos, fichas de dominó. En Primaria, o alumnado de 1º e 2º ía de fichas de Parchís, o de 3º de Tres en Raia, o de 5º de Twister-Enredos, o de 6º do xogo de mesa QUEN É QUEN? e o de 4º pechaba o desfile como unha baralla francesa e formando un sonoro e tradicional folión.

Ao remate do desfile, reuníronse familias, profesorado e alumnado arredor do posto da ANPA onde saborearon un delicioso chocolate con galletas.

O profesorado do centro barquense deséxalle a toda a Comunidade Educativa “unhas festas de Entroido cheas de troula e tamén de descanso”.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Artigos relacionados

Back to top button