EconomíaEconomíaÚltima hora

Os xóvenes empresarios ourensáns celebran o seu primeiro congreso en Allariz

O acto desenvolveuse a través de relatorios con profesionais dos sectores téxtil, tecnolóxico e agroalimentario

Motivación, éxito e talento. Estes tres recursos foron os protagonistas no I Congreso dos Jóvenes Empresarios de Ourense. Este grupo de mozos quixeron amosar nesta cita ensinarlle “ao resto do mundo que en Ourense hai futuro”, apuntan dende AJE Oruense.

Emprendedores, empresarios, políticos e profesionais déronse cita en Allariz para asistir ás mesas sectoriais nas que “quedou claro que si se pode e que hai futuro, non só en Ourense, senón en toda Galicia”, porque, en palabras do presidente da asociación ourensá, Lois Babarro, “é necesario ter ilusión, un recurso intanxible pero vital, por iso, que ninguén vos diga o que podedes ou non soñar”.

Dende a asociación sinalan que o futuro depende en gran medida dos mozos e da súa capacidade de innovación e, representantes de ambos aspectos reuníronse neste certame, no que Babarro falou tamén, durante a inauguración, dos “elementos que moven o mundo, que son intanxibles como a ambición, a valentía e a loita”. Tamén na inauguración o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, falou do valor dos empresarios que se xogan o patrimonio e o futuro e que son eles “imprescindibles para que as políticas da administración póidanse levar a cabo”.

O pasado e o presente do sector téxtil, un sector clave na economía ourensá, foi protagonista da primeira mesa na que Adriana Domínguez (Adolfo Domínguez), Clemente Cebrián (El Ganso) e César Santos (Nanos) repasaron os retos aos que se enfronta esta actividade, inmersa nun cambio constante pegado sempre ao avance tecnolóxico.

A tecnoloxía tamén foi a protagonista da seguinte mesa, na que Jesús Laje de Everis, Rodrigo del Prado de BQ ou Javier Taibo de Egatel disertaron sobre o presente e futuro dun sector transversal que hoxe en día ten presenza en todos os demais.

O sector agroalimentario pechou as mesas sectoriais na mañá de hoxe. Empresas como Coren ou Estrella Galicia estiveron presente a través de Emilio Rial ou Ignacio Rivera, ademais dos restauradores Pepe Vieira e André Arzúa. O grande potencial e o longo percorrido empresarial deste sector na provincia e en Galicia foi o fío condutor das distintas intervencións.

O presidente de AJE España, Fermín Albadejo, foi o primeiro en dicir as palabras de clausura do congreso loando o seu contido e a súa organización. A tenente de alcalde da vila alarciana, Cristina Cid, foi a encargada de pechar o acto, aproveitando a súa intervención para destacar a similitude na xestión do concello coa que calquera das empresas presentes en temas como o control de gastos ou a eficiencia, e animou a seguir non só visitando Allariz, senón tamén a emprender neste municipio.

Artigos relacionados

Back to top button