Galerías de fotosÚltima hora

Os xubilados valdeorreses continúan concentrándose para pedir “pensións dignas”

Estas mobilizacións manteranse os vindeiros luns de outubro na praza do Concello do Barco ás 12h.

Por segunda vez no que vai de mes de outubro, a praza do Concello do Barco acollía unha concentración “en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións”. Estaba convocada polo sindicato CCOO e polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras.

Con estas mobilizacións, que continuarán todos os luns do mes de outubro ás 12:00 h. nese mesmo lugar, reivindican “pensións dignas, é dicir, “unha subida por lei das pensións segundo o IPC” e “ningunha pensión por baixo do salario mínimo interprofesional”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button