DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os xuvenís do C.D. Barco suman un punto en Calabagueiros

Co empate a uns remataba o encontro ante a U.D. Barbadás correspondente á xornada 19 na liga galega

Normalmente a base do Centro de Deportes Barco xoga no Campiño de Viloira pero, de forma excepcional, o partido da liga galega xuvenil na que está inmerso o equipo barquense disputábase no campo municipal de Calabagueiros. Alí, ás 16:30h. do domingo 21 de xaneiiro, os rapaces de Ricardo Prada saían ao terreo de xogo para defender ante a U.D. Barbadás a terceira praza na que se manteñen, e así o facían.

Despois dunha primeira parte sen goles, avanzada xa a segunda, Fabriciano adiantaba aos locais (minuto 75) provocando berros de alegría na bancada. Pero no 89′ Diego marcaba o tanto do empate, rematando o encontro co 1-1 no marcador.

Con este punto, o Barco suma 36 puntos, a un do segundo clasificado (o Pabellón Ourense B) e a sete do líder (o Val Miñor B).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button