DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os xuvenís do C.D. Trives reúnense 37 anos despois de acadar o subcampionato da Copa Deputación

A xuntanza tiña lugar no mediodía do 29 de setembro no campo de fútbol do Agro

No ano 1981 o equipo xuvenil do C.D. Trives chegaba á final da Copa Deputación, perdendo no campo do Couto en Ourense polo tanteo de 0-1. Unha xesta protagonizada por un grupo de rapaces, moitos dos cales non volveron verse, ata hoxe.

No mediodía do 29 de setembro, Miguel, Nabor, Nino, Flaminio, Mara, Tinín, Adolfo, Enrique, Chicho, Vega, Pablo, Fichi e Pelé  volvían xuntarse, 37 anos despois desa final, no campo de fútbol do Agro. Trala foto oficial simulando á daquel ano, os ex futbolistas compartiron un aperitivo e un xantar no Restaurante Viúda de Trives.

Máis información e fotos na vindeira edición en papel de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button