CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Oso regresa a Salcedo

Multitude de persoas se congregaban na praza de Salcedo neste Luns de Entroido en torno ás cinco da tarde. Agardaban expectantes a chegada dun dos referentes do Entroido desta aldea da Pobra de Brollón (Lugo): o Oso.

Acompañado polos seus criados, esta ancestral máscara que tan só aparece unha vez ao ano ía deixando a marca de feluxe da súa pouta nos rostros de todos aqueles cos que se atopa. Entre os asistentes a este Luns de Entroido en Salcedo estaba o recoñecido músico vasco Kepa Junkera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button