OurenseÚltima hora

A OU-150 verá mellorada a súa seguridade no tramo de Seixalbo

Carretera de Seixalbo.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, avanzou onte, 2 de maio, na Comisión Segunda do Parlamento de Galicia que a Xunta realizará obras de mellora na estrada OU-105, ao seu paso por Seixalvo, en Ourense, coa fin de incrementar a seguridade viaria nesta zona.

Menéndez explicou que xa se adxudicou o contrato para a redacción do proxecto construtivo desta actuación, coa previsión de que esta redactado neste mesmo verán.

As actuacións levaranse a cabo nunha primeira fase no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+050 e 2, rematadas as vivendas.

Os traballos consistirán na reordenación do tráfico mediante a mellora dos accesos a Seixalvo na intersección coa rúa da Igrexa e unha nova glorieta no camiño de Zaín. Tamén se levarán a cabo a articulación de carrís centrais de espera para permitir os xiros á esquerda con máis seguridade, a dotación de prazas de aparcamento e instalacións semafóricas asociadas aos pasos peonís.

No proxecto tamén se contempla a mellora da mobilidade peonil mediante a creación dun novo paso de peóns e a adecuación das paradas de buses. Executaranse novos tramos de beirarrúas e nas xa existentes realizaranse actuacións de mantemento e de mellora da accesibilidade

Nunha segunda fase prevese a remodelación da intersección co acceso ao tanatorio, e neste mesmo ano 2017 redactarase o proxecto.

Rúa da Granxa

Por outra parte, o director lembrou que a Consellería de Infraestruturas realizou en 2016 unha actuación de mellora da seguridade viaria na estrada OU-101, no tramo que se coñece como rúa da Granxa e estrada de Sta. Mariña.

As obras consistiron na mellora da capa de rodadura nas zonas máis deterioradas, optimización da intersección coa rúa Serra Martiñá ou na construción dunha nova glorieta na intersección coa rúa Inmaculada. Tamén se melloraron as interseccións coas rúas dos Berrocas e Praza 500. Ademais, construíuse unha senda de formigón asociada á parada de bus na zona de Sta Mariña, onde antes había unicamente unha beirarrúa de 50 cm para o tránsito de peóns.

Francisco Menéndez tamén recordou que a Xunta está a traballar no Plan de Sendas na comarca de Ourense, que contempla varios itinerarios peonís e ciclistas seguros, sustentables e integrados na paisaxe nas estradas OU-101 e OU-105, e dous deles na zona máis próxima á zona urbana de Ourense, en concreto en A Ponte Sevilla (OU-105) e Montealegre (OU-101).

Artigos relacionados

Back to top button