DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A ourensá Andrea Bello, campiona na proba de bandeiras da liga galega de salvamento e socorrismo

O club Salvour participará asemade no campionato de España de primavera que se celebrará en Madrid

O club ourensán Salvour vén de conseguir un estupendo resultado na primeira xornada da liga galega de salvamento e socorrismo celebrado esta fin de semana na praia de Bastiagueiro-Oleiros (A Crouña).

Alí, a deportista Andrea Bello Armada demostrou que tamén en augas abertas é unha das mellores de Galicia, converténdose na campiona da proba das bandeiras, logrando asemade o terceiro posto na carreira con táboa de salvamento. Nas mesmas probas competían tamén as súas compañeiras de equipo, debutantes na categoría sénior, logrando Mara Vélez o 7º posto na carreira de táboa e Ángela Oliveira o 11º.

Con respecto á categoría masculina, o representante do Salvour, Marco Salvadores Acero, loitou por meterse nas finais da proba de bandeiras e da carreira con esquí de salvamento, sen lograr o obxectivo.

A próxima cita para os ourensáns será o campionato de España de primavera a celebrar que se celebrará en Madrid a finais de abril. Tal como adiantan dende Salvour “participarán Andrea Bello e Ecequiel Quiroga, ambos con posibilidades de entrarnas finais e optar a algunha medalla”.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button