DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A ourensá Andrea Bello logra o bronce no Aberto Internacional de Madrid

A nadadora do club Salvour foi 3ª de España en 200 obstáculos no campionato de España de primavera

Máis  de 250 socorristas de once comunidades autónomas españolas,  Gran Bretaña e Países Baixos, participaron no V Aberto Internacional e Campionato de España de Primavera (categorías xuvenil, júnior e absoluto) celebrado esta fin de semana na piscina M-86 de Madrid.

A representante ourensá foi Andrea Bello, membro do club Salvour que repetía resultado con respecto ao campionato de España de inverno, “pero nunha proba diferente”, puntualizan dende o equipo ourensán. Nesta ocasión Andrea subía ao terceiro caixón do podio en 200 metros obstáculos “mellorando a súa marca persoal cun tempo de 2’24”76, e demostrando o seu excelente estado de forma así como a súa proxección de futuro neste deporte”, explica o responsable do club.

Andrea tamén participou na proba de 50 metros de remolque de maniquí e na de 100 metros combinada de salvamento.

 

Artigos relacionados

Back to top button