DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A ourensá Cristina Colomo logra 4 medallas no europeo de salvamento e socorrismo deportivo

A socorrista do club Salvour consegue asemade sete primeiros postos no campionato de España

A piscina municipal de Monte Tossal-José Antonio Chicoy e a praia de San Juan de Alicante, acolleron os campionatos de Europa e de España de salvamento e socorrismo deportivo nas categoría máster, nos que participaron 262 deportistas de 70 clubs de once países, entre eles o Salvour de Ourense.

Os 97 socorristas españois encadrados en 29 equipos lograron case a metade das medallas en xogo np europeo cun total de 106 metais sobre os 407 que se disputaban: 23 ouros, 38 pratas e 45 bronces, distribuídos en 57 medallas (10 ouros, 19 pratas e 28 bronces) nas pruebas de praia; e en 49 medallas (13 ouros, 19 pratas e 17 bronces) en piscina. A deportista ourensá representante do club Salvour, Cristina García Colomo participou nas dúas probas, obtendo catro medallas europeas de bronce en 100 metros obstáculos, sprint praia, nadar surf e 1 km carreira praia.

Con respecto ao campionato de España onde a deportista ourensá logrou sete primeiros postos nacionais (100 obstáculos, 50 rescate, 100 rescate con aletas, sprint de playa, 1000 metros carreira praia, bandeiras e nardar-surf) e tres récords de España nas probas de 100 metros obstáculos, 100 metros rescate con aletas e 50 rescate de maniquí. “Coa súa excelente actuación colocou ao club Salvour entre os 15 mellores de España na suma de todas as categorías máster masculino e feminino; o oitavo mellor de España en categoría femenina e o número un na categoría feminina de 50 a 59 anos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close