CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O ourensán Jhonathan Ferreira tocará con Carlos Núñez no concerto de Fin de Ano do Palau de la Música de Barcelona

O músico é o director da banda de gaitas As Portelas de Lubián e de Redegaita
Jhonathan Ferreira (dereita) xa ten actuado en varias ocasións con Carlos Núñez.

O director da banda de gaitas As Portelas de Lubián, Jhonathan Ferreira, foi novamente convidado polo gaiteiro Carlos Núñeza a participar no concerto de Fin de Ano do Palau de la Música de Barcelona.

Malia que nesta ocasión a Banda de gaitas As Portelas non actuará neste concerto, si participou no Tour de Nadal de Carlos Núñez actuando o 27 de decembro en Palencia e o 28 en Miranda de Ebro. Que o gaiteiro siga contando coa presenza da banda “é unha gran motivación para todos os seus compoñentes, pois significa que seguen unha liña de traballo evolutiva cun gran nivel interpretativo”, asegura o seu director, adiantando que a escola ten máis alumnado que nunca e unha axenda chea de procectos de cara ao ano 2018.

A unión fai a forza e Jhonathan Ferreira, director ademais de Redegaita, institución que vén de abrir unha delegación en México DF, teno claro: “o mundo da música tradicional e popular ten que seguir evolucionando e creando novos sons que atraian a todo o público, por iso a dimensión de subir ao escenario cos mellores é un punto de inflexión que non poderiamos conseguir doutro xeito”.

Artigos relacionados

Back to top button