OurenseÚltima hora

Ourense acende por fin o alumeado de Nadal

Iluminación de Nadal na praza Maior de Ourense.

 

Fíxose esperar pero por fin, ás seis da tarde deste venres 11 de decembro tiña lugar o acto de acendido do alumeado de Nadal, co que Ourense inauguraba, da man do alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o proxecto “máis ambicioso da súa historia”, que chegará a tódolos barrios da cidade. Foi un acto austero, sen convocatoria da cidadanía, para evitar aglomeracións e facilitar así o respecto das medidas sanitarias vixentes, no que o rexedor recalcou que serán “as luces máis bonitas da historia de Ourense e as máis extensivas. Xa o ano pasado chegamos a moitos barrios, este chegaremos a moitos máis” e o obxectivo seguirá sendo “chegar cada vez a máis rúas e cada vez mellor”.

O acendido inicial producíase no casco vello, centro da cidade e algunhas rúas dos barrios. Xa logo, a medida que os traballos pendentes se vaian rematando, en cada rúa, praza, parque ou rotonda iranse incorporando progresivamente. Entre rúas, parques, prazas e glorietas a decoración de Nadal neste 2020 chegará a 159 emprazamentos diferentes.

 

A árbore ten unha base de 7 m. de ancho e 18,8 m. de alto e conta con 50.832 luces led.

 

O proxecto de alumeado de Nadal en Ourense contempla un total de 2.159.343 puntos de luz, distribuídos en arcos, adornos de farois, árbores así como elementos tridimensionais. Colocaranse un total de 392 arcos nas rúas, distribuídas por diferentes puntos da cidade, e 328 farois contarán con adornos e decoraranse 582 arbores.

Un equipo especialista na montaxe de grandes estruturas foi o responsable da montaxe da árbore de praza maior, con forma de cono xigante, está situada no medio da praza, e desprende dende o seu vértice, a modo de conteira, fíos de luz que simulan as variñas dun paraugas. A árbore ten unha base de 7 metros de ancho e 18,80 metros de altura e conta con 50.832 luces led.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button