OurenseÚltima hora

Ourense acolle a celebración do Día Internacional da Lingua Materna

O acto conmemorativo tiña lugar na Escola Infantil Centro Interxeracional

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) escolleu este ano o concello de Ourense para a celebración do Día Internacional da Lingua Materna, efeméride promovida pola Unesco e apoiada cada ano pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo. Así, na mañá do 21 de febreiro a Escola Infantil de Ourense Centro Interxeracional, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, acollía o acto presidido polo secretario xeral de Política Lingüística e presidente da RDL, Valentín García, ao que asistían máis dos 80 bebés e familias usuarias do centro anfitrión.

Na súa intervención, Valentín García lembrou as vantaxes e a importancia de falarlles o galego nas casas, e no seo das familias, aos nenos e nenas e recordar que “no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que estamos elaborando na Xunta facemos fincapé en medidas de apoio aos pais e nais novos, con bebés, para que transmitan a lingua propia de Galicia ás novas xeracións”.

Tras o breve acto institucional, os bebés usuarios do centro puideron gozar dunha actividade de dinamización lingüística baseada nas músicas da actividade infantil de dinamización lingüística Puño Puñete, a cargo de Andrea Bayer e Davide González, de Baobab Teatro

Artigos relacionados

Back to top button