Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ourense acolle esta fin de semana o campionato galego máster de verán de natación

O Club Natación Escualos participará cun equipo de 24 nadadores

A Piscina Rosario Dueñas do Pabellón dos Remedios de Ourense acolle esta fin de semana o campionato galego de verán máster de natación. Comezará o sábado 2 de xuño ás 17h. e continuará o domingo en dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde.

Na competición participarán un total de 24 clubs de toda Galicia entre os que se atopan os Escualos que compiten por segunda tempada nas probas oficiais da FEGAN conseguindo bos resultados, como 9º posto no galego de inverno máster ou o 6º na liga galega. Cun equipo composto por 24 nadadores, no galego de verán os ourensáns intentarán mellorar o noveno posto do ano pasado.

Ademáis, o CN Escualos é o actual campión do Circuíto Galego de Augas Abertas na categoría máster e en pouco máis dunha semana porán o broche tempada co campeonato galego e a Travesía Encoro Os Peares, proba que organizan para o domingo 10 de xuño e que abre o circuíto deste ano.

Fotos: CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button