DeportesÚltima hora

Ourense acolle esta fin de semana o XV Trofeo Internacional de Wushu

Preto de 300 deportistas de diferentes partes do mundo, daranse cita no pavillón dos Remedios
Presentación do torneo de wushu que se celebra esta fin de semana en Ourense.
Presentación do torneo de wushu que se celebra esta fin de semana en Ourense.

Ourense convértese esta fin de semana do centro internacional de Wushu, coa asistencia no pavillón dos Remedios, dos mellores deportistas do mundo deste deporte, na XV edición do Trofeo Internacional Cidade de Ourense. Serán preto de 300, chegados dende China, Suíza, Portugal e de 6 Comunidades Autónomas.

“O wushu comprende diversas formas de traballo que van da preparación física á defensa persoal, pero sen esquecer outras tan beneficiosas coma a concentración e a relaxación”, comentou o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez na presentación, celebrando ter engadido esta competición ao programa das Festas de Ourense.

A delegación chinesa, abrirá o programa de actividades ás 17 horas cunha exhibición de artes marciais na que estarán acompañados dun cento de nenos que se inician nesta modalidade. Pero prolongará a súa estancia en Ourense para impartir, a partir do 4 de xullo, unhas xornadas de tecnificación nas instalacións de Oira. E non será o único lugar onde impartan. Dende o luns ás 8 horas no Xardín do Posío, comezará o xa clásico programa de Taichi para todos, coa novidade de traballar a técnica do abano impartida pola profesora chinesa da especialidade.

Artigos relacionados

Back to top button