OurenseÚltima hora

Ourense acolle, esta fin de semana, o VIII Encontro Internacional de Poesía

Durante tres días, os poetas participantes visitarán os colexios da cidade e farán un roteiro poético polo Cemiterio de San Francisco, entre outros eventos
Poetas participantes no encontro.

A cidade de Ourense acolle, os días 6,7 e 8 de outubro VII Encontro Internacional de Poesía, que reunirá a poetas de diversos países durante estas tres xornadas cheas de actividades que se desenvolverán en diferentes lugares da capital. Os poetas que participarán son: María Cecilia Berreta (Arxentina), Clemence Leonis (Francia), Irma del Ángel (México), Antonio Luis Oliveira (Portugal), Rosa María Oliveira (Portugal), Anabel Villar (Uruguai) e Julio Pavanetti (Uruguai).

Por exemplo, o día 6 (venres) o día arrancará ás 09:00 coa recepción dos poetas e a entrega de acreditacións. Seguidamente, ás 10:00 horas, farán visitas aos colexios da cidade, onde manterán un encontro co alumnado dos centros, contando as súas vivencias, recitando a súa poesía e contestando ás súas preguntas. Logo, ás 20:00 horas, farán un concerto/recital no Xardín Xaponés, na rúa Curros Enríquez, onde os poetas participantes poderán recitar as súas poesías. A parte musical correrá a cargo do cantautor ourensán Emilio Alonso.

Para o sábado, 7 de outubro, farán un roteiro poético ás 11:00 horas. Os participantes realizarán este roteiro polo Cemiterio de San Francisco. Ao longo do percorrido iranse parando naqueles nichos onde descansan os restos de xente da cultural da cidade. en cada parada, un dos poetas participantes lerán algunha das súas poesías. Logo, ás 19:00 horas, será a Gala do Cículo Poético Ourensán. Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel e haberá cinco mesas de lectura onde os poetas participantes, acompañados dos alumnos gañadores do 1º e 2º premio do “VI Concurso de Poesía Para Alumnas e Alumnos de Primaria e ESO da Cidade de Ourense”. No transcurso da gala entregarán os premios do Cículo Poético Ourensán á promoción e difusión da cultura.

Para rematar, o domingo 8 de outubro, farán un espectáculo de teatro, poesía e música ás 12:30 horas en Maside. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, farán e entrega de obsequios aos poetas participantes.

Artigos relacionados

Back to top button