OurenseÚltima hora

Ourense acolle o I Congreso sobre Auga e Saúde

Terá lugar os días 16 e 17 de setemebro en Expourense e sustitúe ao xa cancelado Termatalia 2020

Ourense acollerá, os días 16 e 17 de setembro en Expourense, o I Congreso de Auga e Saúde para xuntar á comunidade termal e continuar posicionándose como unha cidade de referencia no sector. O encontro está organizado pola Feira Internacional de Turismo de Saúde, Termal e Benestar e sustitúe a Termatalia 2020, previsto orixinalmente para as mesmas fechas en Entre Ríos (Arxentina) e suspendido pola pandemia do coronavirus. O congreso celebraráse en formato híbrido e poderá seguirse, ben presencialmente, ben vía virtual dende calquera parte do mundo. Os conferenciantes deste congreso tamén participarán de forma mixta.

Á mañá deste venres, 24 de xullo, reuníase de maneira virtual o comité asesor de Termatalia para definir os eixos e os contidos do vindeiro congreso. O comité estaba conformado por unha vintena de expertos en turismo de saúde e industria termal en España e Portugal e foi presidido por Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense e da Asociación Europea de Cidades Históricas con Patrimonio Termal (EHTTA). Tamén estivo presente a directora de Termatalia, Emma González, e representantes de diferentes institucións públicas e privadas.

 

Caputra de pantalla da reunión. / Foto: cedida.

 

O programa do congreso tratará o turismo de saúde dende unha perspectiva multidisciplinar. As sesións prestarán especial atención á situación vivida polo sector en relación á pandemia do coronavirus e as conferencias exporán casos reais e experiencias que versarán sobre os protocolos de seguridade. Tamén se discutirán novas formas de reducir o impacto económico. Ata agora, os eventos confirmados son: unha xornada dedicada ao turismo de saúde en tempos do Covid-19; unha sesión científica sobre hidroloxía médica, hidroxeoloxía, auga envasada e saúde; unha xornada de turismo, innovación e sostemento así como experiencias en cidades termais.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quixo destacar a importancia que ten o turismo termal para a provincia. “Ene Ourense temos un verdadeiro motor como é o termalismo que, grazas a eventos como Termatalia, vai dando pasos importantes cada ano”, sinalaba Baltar.

A participación será de forma gratuíta mediante invitación de Termatalia ou de entidades colaboradoras coa feira. O formulario de inscripción e o programa completo estarán dispoñible nas próximas semanas.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: Cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button