OurenseÚltima hora

Ourense acollerá en 2021 o campionato do mundo de carreiras de aventura

Reunirá a máis de 70 equipos dos cinco continentes e percorrerán máis de 600 quilómetros

Ourense acollerá en 2021 o campionato do mundo de carreiras de aventura, que reunirá a máis de 70 equipos dos cinco continentes. Os participantes percorrerán unha lonxitude de máis de 600 quilómetros na comunidade, pero o escenario principal será Ourense.

 

Durante a presentación do campionato.

 

A presentación da carreira tivo lugar hoxe no Pazo Provincial coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do director da carreira, Pablo López. A proba é a final mundial de carreiras de expedición, na que os participantes deberán completar os máis de 600 quilómetros realizando treking, BTT e kayak percorrendo máis de 200 quilómetros dos lugares mais representativos da montaña e os ríos ourensáns. Ao tratarse dunha carreira de orientación os equipos non coñecerán a ubicación dos puntos de paso ata o día anterior á proba, que se entregarán os mapas.

Pablo López comentou os aspectos técnicos da proba, explicando que previamente a esta final “haberá dez carreiras clasificatorias enmarcadas no Adventure World Series”, e salientou que fai dez anos que non se fai esta carreira en Europa. “Desde o principio tivemos claro que neste proxecto de aventura, que engloba a toda Galicia, tiña que estar Ourense porque nos parece a provincia máis axeitada para unha proba destas características, pola súa montaña e porque aquí temos os mellores ríos de Galicia”, dixo, remarcando o agradecemento ao presidente Baltar e á Deputación de Ourense “polo apoio que nos deron desde o primeiro minuto que propuxemos este proxecto, do que temos a seguridade de que será a mellor carreira de todas as celebradas ata o momento”.

Manuel Baltar destacou “a importante proxección turística e mediática que ten esta carreira, que será emitida en máis de 70 países, para 750 millóns de espectadores, nun programa especial de National Geographic”, ademais da repercusión que terá nas viaxes aéreas, ao incluírse como parte da programación que os viaxeiros poderán dispoñer a bordo.

Artigos relacionados

Back to top button