CulturaCulturaÚltima hora

Ourense acollerá a estrea de “Sénior”, peza que aborda en clave humor a crise dos 50

Este espectáculo, interpretado por Luís Iglesia e Marcos Orsi, poderá verse o 3 de marzo no Auditorio da cidade
Luís Iglesia e Marcos Orsi interpretan “Sénior”, baixo a dirección de Avelino González.

Que sucede canto se chega aos 50? Cando se deixa a madurez e se comeza a ser “sénior”? Sobre estas cuestións se reflexiona en clave de humor en “Sénior”, unha obra teatral que se estreará o vindeiro 3 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

Este novo espetáculo de Culturactiva, dirixido por Avelino González, está interpretado por Luís Iglesia e Marcos Orsi, cun texto de creación propia. Antes de chegar a Ourense a obra pre-estrearase o 24 de febreiro en Cariño (A Coruña).

Artigos relacionados

Back to top button