DeportesÚltima hora

Ourense acollerá, no 2021, a fase final do Campionato de España de 1ª división masculina de hóckey sala

A cidade tamén será sede do Campionato de España de seleccións autonómicas de hóckey herba sub14 feminina e masculina

Campionato sénior en Celanova. /Foto: FGH.

 

A Federación Galega de Hockey será a organizadora de dous eventos de carácter nacional na cidade de Ourense: a fase final do Campeonato de España 1ª División Masculina de Hockey Sala que se celebrará do 5 ao 7 de febreiro de 2021; e o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hockey Herba Sub14 feminina e masculina prevista do 26 ao 28 de febreiro.

A candidatura de Ourense para ambos eventos era aprobada de forma unánime polos entes federativos respectivos: a Conferencia de Presidentes Territoriais no caso do Campionato de España Autonómico Sub14; e a Directiva da RFEH no caso do Campionato de España de Primeira Sala.

Tal como explican dende a Federación Galega, estas designacións supoñen “un gran respaldo á xestión e confirman a boa liña de traballo prevista no Plan Impacto, sendo a organización destes dous eventos un reto organizativo, así como unha gran oportunidade para aumentar a visibilidade e relevancia do hockey en Galicia, e por suposto a súa presenza no ámbito nacional. “Queremos felicitar a todo o colectivo e a familia do hockey galego que co seu esforzo, entusiasmo e ganas de facer propiciou estas grandes oportunidades”, aseguran, agradecendo o apoio de administracións coma  Consello Municipal de Deportes de Ourense, entre outros.

“Contaremos coa colaboración de todo o colectivo do hockey galego para lograr a mellor organización posible así como sacar o máximo partido destas oportunidades”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button