ConcellosÚltima hora

Ourense acollerá un evento de carácter internacional sobre termalismo, a finais de ano

A xunta directiva do proxecto “Raia Termal” reúnese para valorar as accións desenvolvidas e avanzar nos proxectos do vindeiro trimestre
Reunión da xunta directiva do proxecto “Raia Termal”, en Bande (Ourense).

A xunta directiva do proxecto “Raia Termal” deu o visto bo á celebración dun evento de carácter internacional sobre  termalismo a finais de 2018 ou principios de 2019, á presenza de “Raia Termal” nas feiras de INTUR-2018, BTL-2019 e FITUR-2019, e ao estudo de varias liñas de publicidade do territorio a través d termalismo de fronteira para posicionalo como destino turístico.

Estes puntos aprobábanse na mañá do 16 de marzo no Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Via Nova en Porto Quintela-Bande, na reunión presidida polo presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín. Unha xuntanza que estivo asistida pola Unidade de Xestión e Coordinación (UGC) encargada da dirección e coordinación do proxecto quen informou que dende o 20 de xuño, “os socios traballaron no desenvolvemento das accións contempladas, estando a maior parte das obras en fase de redacción de proxecto e incluso algunhas xa executándose”.

“Estamos ante un proxecto complexo polo número de socios e polo marco temporal de execución, prevista para o 31 de decembro de 2019″, dixo Francisco Marín, asegurando que dentro das actividades que se contemplan en cada un dos eixes “quero resaltar que estamos impulsando o Termalismo de Fronteira, con estratexias consensuadas e actividades planificadas, así como con actuacións puntuais que solventarán problemáticas de augas residuais nas proximidades de entornos termais, además de actuaciones de restauración, recuperación, mellora e acondicionamiento das ribeiras dos ríos nos entornos termais”.

Artigos relacionados

Back to top button