Ourense acollerá un “wikimaratón” para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas

O evento está enmarcado no programa do Día da Muller e celebrarase o 10 de marzo na Biblioteca Pública

Logo da Wikipedia.

Introducir na Galipedia (que este ano cumpre 15 anos) biografías de mulleres galegas, é o obxectivo do “wikimaraton” que acollerá a Biblioteca Pública de Ourense o vindeiro 10 de marzo. A actividade, enmarcada no programa do Día da Muller está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a figura de mulleres destacadas en diferentes ámbitos que non teñen a merecida referencia na enciclopedia galega en liña.

A biblioteca porá ao servizo de todas as persoas que queiran anotarse, equipos informáticos e fondos bibliográficos, pero sobre todo a súa “vocación de colaborar coas iniciativas veciñais”, aseguraba Rosa Díaz Naya, directora do espazo público, na presentación do evento.

Desde as 10:30 horas do día 10, todas as persoas que se queiran apuntar á edición da Galipedia poderán presentarse na propia biblioteca (rúa Concello 11) “ou facelo a través das súas casas”, apuntaba Adrián Estévez, representante da enciclopedia, para encher a biografía das mulleres propostas (atopamos nomes como Obdulia Díaz, as irmás Touza, Olimpia Valencia ou Carmen Gurriarán) ou realizar as súas propias achegas. Só hai que anotarse na Galipedia para poder editar -actualmente, nove de cada dez editores son homes, polo que Estévez Iglesias animaba a equilibrar as cifras- e seguir as indicacións descritas no propio espazo web.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies