OurenseÚltima hora

Ourense amosa en FITUR a súa campaña turística “O Camiño entre augas”

A auga foi o centro da proposta da cidade das Burgas, como Capital Termal

 

Baixo o nome de “O Camino entre augas” o Concello de Ourense presentaba en Madrid na mañá do 23 de xaneiro a súa nova proposta turística.

O acto, celebrado no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR) contou coa participación do alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome; da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; da concelleira de Turismo e Termalismo Flora Moure e da actriz ourensá Cayetana Cabezas, que fixo de mestra de cerimonias.

Na súa intervención, Gonzalo Pérez Jácome repasou aspectos menos coñecidosda cidade das Burgas como o seu papel como “segunda potencia termal de Europa, un atractivo que se pode aproveitar incluso cando fai frío e chove”, dixo; o seu Entroido; e a celebración da segunda “Noite do Medo” en Ourense, “a máis grande de Galicia, una Noite da Santa Compaña”que se celebrará o 31 de outubro”, explicou o alcalde, que presentou a calidade na preparación do polbo e o café así como a espectacularidade e beleza no paso do río Miño pola cidade, con catro pontes, como outros dos atractivos.

Nava Castro, pola súa banda destacou a potencialidade de Galicia e en particular da cidade de Ourense como destino termal, un turismo de “calidade que desestacionaliza e aporta valor engadido”.

“A mensaxe coa que vén Turismo de Ourense a Fitur 2020 é claro: auga, auga e auga, dos nosos ríos, das nosas fontes e termas”, expuso a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure, unha auga que axuda a “mostrar a cidade de Ourense como un destino distinto, como esa Capital Termal donde saciar a sede de vida e de experiencias”. Moure detallou ademais as características da Vía da Prata e do Camiño Mozárabe ao seu paso pola urbe e apuntou que se trata da cidade galega “na que máis creceu o turismo en 2019″, convidando a “sumerxirse” en Ourense, a facer o Camiño entre augas.

A cita congregou a máis dun cento de convidados entre os que se encontraban periodistas especializados e profesionais do sector”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close