Ourense

Ourense celebra a festividade dos Anxos Custodios

O Centro Cultural acollía un acto institucional o día 2 de outubro

Con motivo da celebración da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional, tiña lugar na cidade de Ourense un acto relixioso e outro institucional no Centro Cultural da Deputación de Ourense, no decurso do cal se procedía á imposición de condecoracións en recoñecemento dos servizos prestados polas persoas que desenvolven o seu traballo nese corpo.

No turno de intervencións tomaban a palabra o comisario, Amable Valcárcel, que, entre outras cuestións, facía balance do labor realizado no último ano polo corpo. Tamén se dirixía aos asistentes o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen destacaba a importancia da labor do Corpo Nacional de Policía, resaltando que “soamente dende unha tarefa minuciosa, dedicada e postergada no tempo, poden este homes e mulleres dar solucións, tras innumerables pescudas, a moitos sinsentidos que ocorren da vida cotiá, dificilmente atribuíbles á conciencia serena dos seres humanos, e sempre inexplicables”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button