OurenseÚltima hora

Ourense celebra a Semana da Mobilidade

Desenvolverase entre os días 17 e 22 de setembro con actividades que promoverán o uso da bicicleta
Cartaz da Semana da Mobilidade en Ourense.
Cartaz da Semana da Mobilidade en Ourense.

Coa pretensión de fomentar o emprego de transportes alternativos, o Concello de Ourense convida á cidadanía a participar na Semana da Mobilidade, cun programa que se despregará do 17 ao 22 de setembro. Incluirá tres actividades de balde: un “Curso de Mecánica de bicicleta e condución segura” (o 17 de setembro, na Praza Maior, a partir das 18:30 horas), un “Concurso de fotografía e fotomaratón en bicicleta” (18 de setembro, a partir das 18 horas) e unha Marcha en bicicleta
(22 de setembro, a partir das 19:30 horas, con saída Praza Maior).

Na presentación desta Semana da Mobilidade, que tiña lugar na mañá do 8 de setembro, a concelleira de Tranporte, Susana Bayo, aludía ao lema escollido nesta edición “Unha rúa mellor é a túa elección”, incidindo na necesidade dun cambio de percepción por parte da cidadanía, que asuma que “as costas que hai en Ourense non son insalvables. Calquer bici hoxendía ten capacidade suficiente para transitar comodamente pola nosa cidade”. Continuou, sinalando que “o tráfico ás veces supón un problema para as bicis, pero cantos máis sexamos na rúa, antes se acostumarán o resto de vehículos”. A bicicleta “é un medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, e como cidadáns debemos impulsar o seu uso”, concluía.

Ademais de Bayo, no acto participaban Raúl Fernández, da Asociación Bilúrico, e Manuel Díaz, técnico municipal. No desenvolvemento desta Semana da Mobilidade tamén colaboran o Ministerio de Medio Ambiente, as asociacións Mobilízate e Bilúrico, e Urbanos de Ourense.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button