OurenseÚltima hora

Ourense celebra o Día Mundial do Medio Ambiente

A cidade das Burgas conta desde hoxe con seis xardineiras xigantes

A Sobreira de Loña ten máis de 400 anos.

 

Pola mañá visita á Sobreira do Loña (con máis de 400 anos) no barrio das Lagoas, á beira da igrexa de Cristo Rei; e pola tarde visita ao parque de Montealegre para coñecer a súa fauna e flora, rematando cun contacontos e a entrega de diplomas acreditativos. Así celebraban no Concello de Ourense o Día Mundial do Medio Ambiente, na xornada deste venres 5 de xuño.

Os nenos participantes foron elixidos entre aqueles que colaboraron en iniciativas da Concellería de Medio Ambiente ao longo do confinamento, coma nos Xoves de Ciencias. O edil Jorge Pumar destaca que “as vocacións científicas e o respecto ao medio ambiente son dous dos alicerces básicos do meu traballo no Concello. Estes nenos son o noso futuro e serán os verdadeiros impulsores dunha cidade máis verde, máis limpa e máis sostible.”

 

Xardineiras xigantes en Ourense.

 

Este día sinalado foi tamén o elixido pola concellería para o regreso do parque de xardineiras xigantes á trama urbana da cidade, logo dunha posta a punto e de renovación do seu ornamento floral. Esta iniciativa forma parte dos traballos de mellora da estética da cidade, que se están realizando ao longo destas últimas semanas promovidos polo tenente de alcalde, Jorge Pumar. Estes ornatos urbanos, emprazados nos puntos máis concorridos da cidade, volverán decorados con begonias, ledicias e xeranios.

Artigos relacionados

Back to top button