OurenseÚltima hora

Ourense celebra o I Torneo Internacional Sénior de tenis

Ten lugar dende hoxe ata o vindeiro 1 de setembro

Durante a presentación.

 

O Clube Santo Domingo de Ourense acolle estes días o I Torneo Internacional Sénior de Tenis. Así, ten lugar dende hoxe e prolongarase ata o vindeiro 1 de setembro.

“Está encadrado no calendario da Federación Internacional de Tenis nas categorías: +35, +40, +45, +50, +55, +60, +65 e +70, masculino e feminino, individual, dobres e mixtos”. Así, rematará o domingo ás 13:30 horas coa entrega dos trofeos aos gañadores.

A presentación da actividade tivo lugar hoxe, no Pazo Provincial, e contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera; do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e dos xogadores de Brasil e Costa Rica, Francisco Menezes e Carlos Pérez.

José Mosquera sinalou que a característica deste torneo é que, “ademais de ter unha parte deportiva importante, pretende poñer en valor os lugares onde se celebra a competición para que sexan coñecidos polos xogadores participantes”.

Artigos relacionados

Back to top button