OurenseÚltima hora

Ourense celebrará a festividade de Santa Icía, patroa da música, cunha actuación do Dúo Cassadó

O concerto forma parte do festival Enclave de Cámara e celebrarase o domingo 22 de novembro, ás 19h. na Sala Principal do Auditorio

O Dúo Cassadó formado por Damian Martínez e Marta Moll de Alba.

 

Unha axenda repleta de teatro, música e exposicións conforma a oferta cultural do Concello de Ourense para esta semana, a terceira do mes de novembro.

A primeira cita será o xoves 19 de novembro, ás 20:30h na Sala Principal do Auditorio, coa compañía Arden Producciones, que porá en esceba a obra Shakespeare en Berlín, unha peza teatral para todos os públicos. O prezo da entrada é de 8 euros.

As outras dúas propostas son para o domingo 22 de novembro. Ás 12h. na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Verdeveras Producións Artísticas, representando a obra Un Lugar Chamado Mundo. É unha peza músico-teatral dirixida ao público infantil. O prezo da entrada é de 3 euros. E xa pola tarde, ás 19h. e na mesma sala do Auditorio, o Dúo Cassadó, Damian Martínez e Marta Moll de Alba, dará un concerto que forma parte do ciclo Enclave de Cámara, para festexar Santa Icía, Patroa da música. A entrada será de 8 euros.

Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes sala e exposicións, dende o Espazo expositivo de Arturo Baltar ou o Claustro de San Francisco, ata o Museo Municipal coa colección “Os nosos Fondos; a praza da República coa entrada á Biblioteca Nós “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición polo centenario Nós; ou a Sala Valente con “Os caprichos espidos” de Xosé Poldras.

O aforo máximo para as actuacións é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias (mascarilla de protección e hixiene de mans á entrada). As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Máis información na web de Cultura do Concello de Ourense

 

Artigos relacionados

Back to top button