OurenseÚltima hora

Ourense celebra o Día do Libro na rúa, con descontos do 10% nas compras

A carpa con dez libreiros estará instalada na rúa do Paseo de 10 a 21 horas

Mañá, luns 23 de abril, é o Día Internacional do Libro e un ano máis as librarías de Ourense sairán á rúa para celebralo. No programa, promovido pola Federación de Libreiros de Ourense, participan dez establecementos que como en edicións anteriores, tanto na carpa como nas súa propias instalacións, aplicarán o 10% de desconto na venda de libros.

A carpa estará situada no último tramo da rúa do Paseo, entre o parque de San Lázaro e a delegación de Defensa. Ademais fieis á tradición, está previsto que cada comprador sexa obsequiado cunha rosa. O horario de apertura será de 10 a 21h.

Segundo o presidente da Federación Provincial de Libreiros, José Manuel García Mosquera, “as preferencias dos lectores na presente edición estanse decantando pola novela Las hijas del capitán, última obra de María Dueñas, autora de El tiempo entre costuras. Tamén ten tirón Que nadie duerma, a última creación literaria de Juan José Millás, sen esquecer libros con tanta resonancia pública como Maestros de la costura, de Temas de Hoy, basdeado no programa tan seguido en televisión”.

Artigos relacionados

Back to top button