OurenseÚltima hora

Ourense, centro neurálxico da rodaxe de “Vida”

A praza das Mercedes a do Ferro ou a de Santa Eufemia, forman parte das localizacións na obra dirixida por Rubén Riós
Na rodaxe de "Vida".
Na rodaxe de “Vida”.
Outro momento da rodaxe.
Outro momento da rodaxe.

Na mañá do 2 de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartía parte da xornada co equipo do proxecto audiovisual “Vida” na clínica Cosaga de Ourense. A obra, dirixida polo ourensán Rubén Riós, ten un marcado carácter social, produto da cooperación entre Aspanas Termal e a produtora Claqueta coqueta.

Unha vintena de persoas vinculadas á devandita asociación, son os protagonistas da fita, tanto no equipo artístico como técnico. En interpretación compartirán escenas con profesionais como Sabela Arán, Cristina Castaño, Javier Gutiérrez, ademais de Mariana Carballal, María Mera e Estíbaliz Veiga.

Parte do equipo artístico e técnico de "Vida" diante da clínica Cosaga.
Parte do equipo artístico e técnico de “Vida” diante da clínica Cosaga.

“Vida” narra a historia de Óscar, un mozo emprendedor que trata de sacar adiante o seu negocio como restaurador e creador de obras de arte, e de Helena, unha moza que asume a súa vida cotiá con problemas familiares de autoprotección e ciumes. Deste xeito o filme mostrará, a través varios personaxes a creatividade e a capacidade deste colectivo.

A rodaxe, que comezou a finais de xaneiro, terá a cidade das Burgas como centro das localizacións da filmación. A praza das Mercedes a do Ferro ou a de Santa Eufemia, entre outros lugares destacados da capital, forman parte das localizacións na obra de Riós.

Fotos: Pily Reñones

Artigos relacionados

Back to top button