Galerías de fotosOurenseÚltima hora

(Vídeo) Ourense chora a marcha do Entroido e queima a Sardiña na Praza Maior

A cidadanía de Ourense xuntouse na Praza Maior para chorar a marcha do Entroido neste mércores de cinza. A festividade máis alegre do ano marcha até o ano que vén, polo que hai que enterrar á sardiña. Os choros e lamentos sentíanse por todo o casco vello da cidade. Viúvas e viúvos concentráronse na Praza Maior para chorarlle á sardiña.

A comitiva funeraria tomou o seu camiño pola rúa do Paseo, baixo o ritmo da Charanga Nova das Terras de Trives, que alternaban a música fúnebre coa música de Entroido e, namentres, as carpideiras choraban os sete chorares ou bailaban ao son da charanga. Tamén a raíña do Entroido 2018 de Ourense, Renata Tijerino, lamentaba esta fin do Entroido.

Finalmente, a sardiña volveu á Praza Maior, onde lle agardaba o seu triste destino de morrer queimada. A través de pirotecnias, o fume e o lume foi desfacendo a estrutura entre lapas e lamentos das viúvas. Unha vez a sardiña estivo queimada, do tellado da Casa do Concello arrancaron os fogos de artificio, dando si fin aos festexos até o ano que vén.

Fotos e vídeo: Carlos Asensio

Artigos relacionados

Back to top button