OurenseÚltima hora

Sentan as bases para un congreso internacional sobre San Martiño de Tours

A Deputación e o Bispado organizan a primeira edición deste evento para recordar os 1700 anos do nacemento do patrón da provincia
Manuel Baltar, Leonardo Lemos, Jorge López e Artemio Martínez.
Manuel Baltar, Leonardo Lemos, Jorge López e Artemio Martínez.

Este ano conmemórase o 1700 aniversario do nacemento de San Martiño de Tours, patrón da provincia de Ourense, e neste contexto, a cidade acollerá o vindeiro mes de novembro o que será o primeiro congreso internacional sobre a súa figura. Este evento, organizado pola Deputación de Ourense e o Bispado da provincia, pretende reunir aos mellores expertos internacionais para afondar na historia medieval e na evolución do cristianismo nesta zona.

Así se acordou durante unha reunión celebrada o mércores 18 de maio entre o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e o máximo representante da Diocese ourensá, Leonardo Lemos. Ambos estiveron acompañados por investigadores medievalistas da Univesridade Complutense de Madrid, Jorge López Quiroga e Artemio Martínez Tejera.

O obxectivo do congreso é afondar na historia medieval da provincia ourensá e na evolución da relixión cristiá neste territorio, coa achega de novos datos da época pertencente á Alta Idade Media, na que se sitúan os reinos grcorromanos, os bárbaros e as transformacións do mundo romano.

Prevese que durante ese mes se acheguen ata a cidade das Burgas especialistas de historia antiga de universidades españolas e doutras partes do mundo como A Sorbona (Francia), Hungría, Estados Unidos, Austria, Reino Unido, Brasil e Portugal. Entre todos analizarán a figura de San Martiño de Tours e a súa influencia na configuración social, política, relixiosa e territorial da Gallaecia da época sueva.

Artigos relacionados

Back to top button