OurenseÚltima hora

Ourense conmemora o 20º aniversario do pasamento de José Ángel Valente cunha exposición

A mostra "Auga, pedra e luz. Ourense e Almería no itinerario poético" está organizada pola Deputación de Ourense e exhíbese ata o 10 de xaneiro de 2021 no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Inauguración da mostra sobre Valente.

 

Dende hoxe e ata o 10 de xaneiro de 2020, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Auga, pedra e luz. Ourense e Almería no itinerario poético de José Ángel Valent coa que se conmemora o 20º aniversario do pasamento do escritor ourensán.

O proxecto expositivo foi elaborado baixo a produción, organización e patrocinio da Deputación de Ourense e conta co apoio da Consellería de Cultura, da Universidade de Santiago, da Deputación e o Concello de Almería, e do Instituto de Estudios Almerienses. O acto de inauguración contou coa presenza do presidente da Deputación de, Manuel Baltar e do director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo.

Baltar afirma que a mostra “fai un percorrido pola vida e obra dun dos intelectuais ourensáns máis universais, con manuscritos, poemas, primeiras edicións e libros da biblioteca do autor”, e destaca que esta exposición, “a máis importante sobre a figura de Valente, retrata a traxectoria vital do autor, na que sobresaen a súa “Augasquentes” natal –como chamaba a Ourense– e a súa Almería de adopción”.

 

A exposición poderá verse ata o 10 de xaneiro de 2020 no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

 

“Ao redor destas dúas cidades descorre a mostra, que parte do traballo de investigación e realización dun proxecto audiovisual dirixido por José Manuel Mouriño, comisario da exposición”, sinala Baltar, salientando que o espazo expositivo “amosa unha nova perspectiva da vida e obra de Valente, con materiais orixinais, moitos deles nunca antes expostos, e a gran influencia que Ourense e Almería tiveron na súa obra”.

A exposición apóiase nunha heteroxeneidade de materiais artísticos da que fai gala a figura de Valente: fragmentos das tomas en localizacións e entrevistas pertencentes ao documental de Mouriño; manuscritos e documentos de traballo orixinais do poeta cedidos ao proxecto pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC; estampas familiares do arquivo persoal do poeta; primeiras edicións dalgúns dos seus títulos máis senlleiros, e publicacións especiais nas que a obra de Valente dialoga coa de grandes creadores coma Antoni Tapies, Eduardo Chillida, Leopoldo Nóvoa ou Antonio Saura.

A mostra contén tamén un diálogo de dous fotógrafos, un galego e un almeriense, sobre a persoa e á obra de Valente: fotografías do proxecto que Manuel Falces realizou co poeta baixo o título de “Cabo de Gata: la memoria y la luz”, xunto con retratos de Valente firmados por Manolo Álvarez, quen quixo aportar ao proxecto una peza concibida expresamente para o mesmo por Álvarez, titulada En exegrue.

 

Artigos relacionados

Back to top button