OurenseÚltima hora

Ourense contará cun novo Grao e un Mestrado en Intelixencia Artificial, e máis prazas en Enxeñería Informática

O reitor da Universidade de Vigo e a vicerrectora do Campus de Ourense visitaron ao alcalde de Ourense, ao que lle expuxeron as necesidades do Campus para mellorar o servizo

Reunión do alcalde de Ourense co reitor da Universidade de Vigo e da vicerreitora do Campus de Ourense.

 

Satisfeitos pola posta en marcha do novo Grao e o Mestrado en Intelixencia Artificial, que se comezará a ofertar a partir do curso 2022/2023 en Ourense, se amosaron o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger, e a vicerrectora do Campus de Ourense, María Esther de Blas, na reunión mantida co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para abordar diversos asuntos, como as necesidades do Campus para mellorar o servizo.

O novo Grao en Intelixencia Artificial contará con 50 prazas e o Mestrado en Intelixencia Artificial con 20. O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, anunciou que tamén haberá máis prazas no Grao de Enxeñería Informática, o cal “é unha boa nova para o Campus”. Por esta razón, dende a Universidade de Vigo demándase “espazos para poder medrar”. “Estas novas titulacións, de Grao e Mestrado, tamén nos obrigan a contar con algún edificio adicional”, manifestou o reitor.

Ao tempo, Concello de Ourense e Universidade de Vigo manteñen o compromiso de colaboración no ámbito da investigación en Intelixencia Artificial, cedendo espazos no edificio de La Molinera.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, manifestou a súa intención de “manter un campus forte en Ourense, porque iso fortalece a cidade, é vital.” O Concello de Ourense buscará sinerxías, tanto colaborando coa Universidade a través do Centro de Intelixencia Artificial como contribuíndo na procura de terreos para facilitar o crecemento do Campus, para facer futuros edificios.

Artigos relacionados

Back to top button