En portadaÚltima hora

Ourense contará no 2017 cun “Museo da Roda de Afiar”

O anuncio facíao o presidente da Deputación na visita á “Casa das Rodas” en Arboiro (San Xoán de Río)
Florencio de Arboiro, ofrecendo unha explicación sobre as imaxes que poden verse na Casa das Rodas./ Foto: Alberte Paz.
Florencio de Arboiro, ofrecendo unha explicación sobre as imaxes que poden verse na Casa das Rodas./ Foto: Alberte Paz.

Ao longo dos anos Florencio de Arboiro ten ido xuntando con paciencia e mimo multitude de elementos, obxectos, documentación e imaxes relacionadas co mundo dos afiadores. Ese conxunto está reunido na denominada “Casa das Rodas”, no seu pobo natal de Arboiro (San Xoán de Río). Esta colección era visitada na mañá do 15 de abril polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que estivo acompañado, ademais de por Florencio de Arboiro, polo historiador Jesús de Juana.

Tras percorrer as estancias da Casa das Rodas, Baltar aseguraba que este lugar “mantén viva a identidade ourensá” e confirmaba que será “o berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19″.

Nesta visita o presidente da Deputación, Manuel Baltar, estivo acompañado polo historiador Jesús de Juana./ Foto: Alberte Paz.
Nesta visita o presidente da Deputación, Manuel Baltar, estivo acompañado polo historiador Jesús de Juana./ Foto: Alberte Paz.

Para o presidente da Deputación os afiadores “eran auténticos emprendedores, xuntando a creatividade, o traballo e o carácter emigrante que definen a alma dos ourensáns e da nosa terra”, e referíndose a Florencio de Arboiro afirmaba que é un “ourensán universal”, “comprometido co noso patrimonio material e inmaterial, nesta “terra da chispa” que debe este alcume aos afiadores, auténticos embaixadores de Ourense”.

Xunto a el, Jesús de Juana incidía asemade no labor “de investigación e recuperación de toda esta achega etnográfica e
histórica por parte de Florencio de Arboiro ao longo da súa vida”.

Artigos relacionados

Back to top button