OurenseÚltima hora

Ourense despide esta tarde ao empresario José Rodríguez López

Foi vicepresidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao e membro da xunta directiva da CEO
O empresario ourensán José Rodríguez López, falecía onte.

O domingo 13 de xaneiro falecía aos 72 anos, un dos empresarios de éxito de Ourense, José Rodríguez López, cuxo funeral se celebra esta tarde en Santa Cruz da Rabeda, a donde será conducido ás 17 horas desde el velatorio de As Burgas.

Fundador da empresa Rodríguez López Auto, José Rodríguez foi vicepresidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao e era membro da xunta directiva da CEO. E dende a Confederación Empresarial de Ourense facían público o pesar polo seu falecemento. “Convencido da necesidade da unión de esforzos no empresariado, deu exemplo implicándose na Asociación de Empresarios de San Cibrao, e na propia CEO, deixando constancia en ambas da súa inquedanza constante con aportacións e iniciativas en favor do mundo empresarial e da sociedade ourensá”.

Rodríguez López empezou a súa actividade cun pequeno taller de Seixalbo que adicou á transformación de vehículos para actividades especiais, que coa súa laboriosidade, intuición e capacidade de xestión converteu nun grupo empresarial líder en España e referencia en Europa na fabricación de ambulancias e vehículos para as forzas de seguridade e do exército, que recentemente daba o salto ao mercado americano instalando una planta en Colombia.

 

Artigos relacionados

Back to top button