OurenseÚltima hora

Ourense é, segundo Fabiola García, a cidade galega que máis investimento recibirá en 2021 para servizos sociais

A conselleira de Política Social vivisitaba hoxe as obras do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD)

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

A de Ourense será a cidade galega que máis investimento recibirá en 2021 para obras e infraestruturas de servizos sociais, que ascende a 5,1 millóns de euros. Así o aseguraba a conselleria de Política Social durante a visita que facía na mañá deste sábado 21 de novembro ás obras do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), adiantando que os traballos estarán rematados a principios do ano 2022.

Fabiola García asegurou que este centro “é unha pequena mostra do compromiso do Goberno galego coas persoas máis vulnerables, ao que hai que engadir, entre outras infraestruturas, a construción da residencia de maiores en Ourense que financiará a Fundación Amancio Ortega con 12 millóns de euros”.

 

A conselleira de Política Social e o delegado da Xunta visitando as obras do futuro CAPD.

 

A titular do departamento autonómico salientou, así mesmo, que a aprobación por parte do Goberno galego do proxecto de lei de orzamentos de 2021 “é o primeiro paso para a aplicación dos presupostos máis altos da historia da comunidade, ao superar os 11.563 millóns de euros, que permitirán conxelar os impostos ás persoas e ás empresas e consolidar as rebaixas fiscais que se foron aplicando nos últimos anos”.

Á construción do CAPD sumaránselle o vindeiro ano outros proxectos, como as obras de mellora e reforma dos centros de menores de A Carballeira e Montealegre. Ademais destas partidas, Fabiola García anunciou que se ampliarán as horas de Servizo de Axuda no Fogar para o Concello de Ourense, así como as destinadas a garantir a gratuidade da escola infantil para segundos e sucesivos fillos de máis de 620 familias ourensás, e máis de 750 beneficiarios da Tarxeta Benvida.

 

Artigos relacionados

Back to top button