Publicidade
SanidadeÚltima hora

Ourense entra na Asociación Europea de Cidades Termais Históricas

O colectivo aprobou a incorporación da provincia á súa organización, que integra 40 membros de 13 países
Manuel Baltar en Italia, con Giuseppe Belandi, presidente da Asociación de Cidades Termais Históricas.
Manuel Baltar en Italia, con Giuseppe Belandi, presidente da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas.

Ourense dá un paso máis na visibilización da súa riqueza termal. Dende hoxe pasa a formar parte da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas, tras a votación celebrada durante a asemblea xeral do colectivo, que tivo lugar o 19 de outubro en Salsomaggiore (Italia). A representación ourensá estivo liderada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, que valorou o ingreso como “un pulo importante para a internacionalización do noso termalismo e da marca Ourense”.

A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas integra a 40 membros de 13 países, entre os que figuran destacados territorios termais como Baden Baden, Bath, Budapest ou Vichy. “Formar parte da rede termal máis importante de Europa favorecerá de maneira determinante o posicionamento, a promoción e a difusión das singularidades do noso termalismo”, engadiu Baltar, quen tamén foi felicitado polo colectivo polo labor realizado na potenciación da riqueza termal da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close