OurenseÚltima hora

Ourense fixa horarios de peche para as terrazas nos espazos públicos

Será até a 1:00h. en días de semana, e até as 2:00h. os venres, sábados e vésperas de festivo

O Concello de Ourense vén de asinar un decreto polo que se fixarán horarios de peche para as terrazas nos espazos públicos. Así, poderán abrir, como máximo, até a 1:00h. os días de semana e até as 2:00h. os venres, sábados e vésperas de festivos.

 

 

Dende o Concello aseguran que “con esta medida preténdese regular un baleiro normativo que está a provocar que os establecementos usen como referencia o horario de apertura co de terrazas, orixinando ruídos e, por conseguinte, alteración do descanso dos veciños das zonas afectadas”.

Artigos relacionados

Back to top button