OurenseÚltima hora

Ourense habilitará aparcamentos especiais para enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa

600 afectados veranse beneficiados por este servizo que regulará o Concello mediante decreto
Os afectados poderán aparcar en zonas de carga e descarga da cidade.
Os afectados poderán aparcar en zonas de carga e descarga da cidade.

O Concello de Ourense permitirá estacionar en zona de carga e descarga aos enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa. Así o anunciaba o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, xunto co presidente da asociación ourensá de afectados, Fernando José Jiménez. Deste xeito, segundo se explicou, os 600 afectados por esta enfermidade poderán solicitar unha tarxeta de aparcamento especial para poder utilizar este servizo.

Ourense convértese no primeiro concello en España en regular esta medida mediante decreto, que vén apoiado por informes técnicos. O que busca con isto é establecer o marco administrativo máis axeitado para ela, que noutros municipios está implantada mediante fórmulas como convenios ou acordos.

Os enfermos que soliciten esta tarxeta deberán facelo a través da asociación, ente que certificará a necesidade do permiso ao solicitante, que deberá estar asociado e asinar un cumprimento das normas da devandita tarxeta.

A Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa son enfermidades inflamatorias intestinais, crónicas e incapacitantes, que actualmente non teñen cura. Os afectados por elas teñen que loitar día a día cos síntomas que produce a enfermidade tanto a nivel físico como psicolóxico e contra o impacto de sufrir esta enfermidade.

Artigos relacionados

Back to top button