Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ourense honra ao seu patrón, San Martiño, con cultos e magosto popular

A cita coas castañas asadas tiña lugar na tarde do 11 de novembro no parque Barbaña

Xa de mañá comezaban os actos na honra a San Martiño na cidade das Burgas, coa ofrenda do alcalde Jesús Vázquez na eucaristía celebrada na Catedral de Ourense. Con todo, un ano máis foi o tradicional magosto organizado polo Concello, o que centrou o programa na tarde do domingo 11 de novembro.

Ao cuberto de varias carpas, ante a insistente chuvia que non deu trgua, centos de persoas asistían á cita no parque Barbaña. A fogueira comezaba a arder en torno ás 17 horas, e só media hora despois comezaba a venda de tíckets, a 1 €, para recoller o menú: cucurucho de castañas, pan con chourizo, e viño ou auga. Tamén houbo obradoiros infantís e animación musical a cargo dos Daniñas e da Agrupación AOFT Gomes Mouro.

A previsión da Concellería de Cultura era repartir 2.000 bolos preñados (50 máis para celíacos), 1.000 quilos de castañas asadas, 100 botellas de viño e 1.600 de auga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button