OurenseÚltima hora

Ourense incrementa cinco millóns o seu orzamento para asuntos sociais

A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz, asegurou que se ampliarán se son insuficientes para darlle cobertura a todas as persoas que o precisen

A concelleira de Política Social de Ourense, Eugenia Díaz, presentou hoxe no Centro Cívico de Colón o plan “Ourense é social”, unha estratexia a seguir con motivo do incremento de 5 millóns no orzamento para asuntos sociais. A cifra total é de 10.477.000 euros.

 

Durante a presentación.

 

Díaz asegurou que no caso de ser insuficientes, ampliaranse para darlle cobertura a todas as persoas que o precisen. Este incremento afecta ás axudas municipais de emerxencia social, protección das familias, adquisición de bens de primeira necesidade, axuda a domicilios, libros, comedor escolar, conciliación, axudas a familias monoparentais, escolares no verán, albergues e convenios con Cáritas e Cruz Vermella.

Artigos relacionados

Back to top button