SanidadeÚltima hora

Ourense informa da nova normativa dos alérxenos alimentarios nos comedores

A Concellaría de Sanidade, que encabeza a edil Sofía Godoy, organiza un obradoiro para o 25 de agosto
Sofía Godoy, concelleira de Sanidade.
Sofía Godoy, concelleira de Sanidade.

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza para o vindeiro 25 de agosto un obradoiro sobre actualizacións na normativa dos alérxenos alimentarios nos comedores, que divulgará entre profesionais e público en xeral as novidades normativas acerca destas sustancias que, ao introducirse no organismo, o sensibilizan para a aparición dos fenómenos da alerxia.

O departamento que encabeza a edil Sofía Godoy enfoca esta iniciativa a xestores de comedores colectivos, persoal do sector de restauración e persoas en xeral interesadas na temática. Ten como finalidade orientar as accións dietéticas de prevención e control das alerxias alimentarias na restauración.

O curso celebrarase en horario de 9:30 a 13:30 horas no Centro Municipal de Promoción da Saúde. As persoas que desexen participar deben realizar unha inscrición previa no Rexistro Xeral, no Concello, presentando certificado de empadroamento en Ourense. Máis información na Concellería de Sanidade ou no teléfono 988 510 622.

Artigos relacionados

Back to top button