DeportesÚltima hora

Estanislao Reverter, fillo predilecto de Ourense a título póstumo

O concello tamén acordou bautizar os xardíns do lado da Subdelegación do Goberno co seu nome
Unha imaxe de arquivo de Estanislao Reverter, dende hoxe Fillo Predilecto de Ourense.
Unha imaxe de arquivo de Estanislao Reverter, dende hoxe Fillo Predilecto de Ourense.

O Concello de Ourense vén de nomear hoxe a Estanislao Reverter fillo predilecto da cidade a título póstumo. A votación contou co apoio da maioría dos grupos políticos e de preto de 1.200 adhesións de particulares, institucións e empresas. Ademais, tamén se acordou pórlle o seu nome aos xardíns do lado da Subdelegación do Goberno, co cal dende hoxe serán os Xardíns Estanislao Reverter Sequeiros.

A cidade homenaxea deste xeito a un dos deportistas máis célebres na historia de Ourense, pois foi dos primeiros pilotos españois que chegou a competir no estranxeiro. Coñecido como “Lalao”, foi tamén o organizador e creador do Rallye de Ourense e o fundador da Escudería Ourense, asentando e abrindo camiño a posteriores xeracións.

 

Artigos relacionados

Back to top button